A gañadora María Álvarez.

O xurado destacou a proposta novidosa do poemario gañador. Ambos poetas estarán presentes o domingo ás 12.00h no acto institucional polo Día das Letras Galegas, cando se lles entregará o galardón

O xurado Avaliador do XXIII Premio de Poesía do Concello de Marín 2026, composto por Tamara Andrés Padín, Silvia Penas e Ismael Ramos, reuniuse onte pola tarde para determinar que a poeta María Álvarez Martínez, Masha (Vigo, 1983), é a gañadora do XXIII Premio de Poesía Concello de Marín, dotado con 1.000 euros.

O xurado destacou da proposta gañadora supón unha recreación moi fresca, que tendo un estilo máis narrativo non cae no prosaico e no que as imaxes e accións poéticas están moi ben construídas. Presenta unha contemporaneidade que serve como testemuña documental e presenta unha estrutura novidosa e divertida, cunha voz diferente.

Antón de Dios.

María Álvarez Martínez é licenciada en Filoloxía inglesa. Actualmente, exerce como profesora no ensino secundario. Residuo dous anos nos Estados Unidos, o que inspirou o poemario gañador do XV Premio de Poesía Victoriano Taibo: Dakota. No 2025 foi galardonada coa Residencia Literaria Aodh Ruadh Ó Domhnail (Irlanda). Compaxina o seu labor profesional cunha carreira musical dentro do grupo Os Residuos Atractivas.

Pola súa parte, o accésit de 200 euros é para Antón de Dios Riveiro (Cee, 1985). Licenciado en Tradución e Interpretación pola UVigo con dous mestrados, un en Traducción Multimedia e Audiovisual e outro en Formación do Profesorado.

Actualmente, exerce como docente de inglés no IES Terra de Soneira de Vimianzo. Ten publicadas varias obras: As Mans Atlánticas da Ausencia, Alén do Corpo e Apatria. Ademais, gañou o segunfo premio no XVIII concurso de poesía das Terras do Chamoso.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *