Romería do 17.

«Repetimos formato do ano pasado pero, aproveitando que cadra en venres, ampliamos horario ata a noite!»- comentan dende a A.C. Peis d’hos, organizadores do evento-. Trátase dunha romería que vai dende a mañá ata a madrugada, con espectáculo infantil e actuacións musicais ao longo do día, e con postos de comida: pulpeira, churrasco, paella, comida vegana, bocatas quentes, empanadillas, biscoito, chuches e barra con bebidas… a prezos populares!! «Este ano como novidade haberá grifos de caña de Estrella Galicia e 1906!!! E toda a variedade de bebidas que xa tivemos o ano pasado: refrescos, zumes, auga, vermú, viño tinto e branco, kalimotxo, licores, gintonic’s, cubatas de ron, whiskey e vodka. Teremos tamén café de pota!!»- engaden dende a organización-. Haberá máis variedade de comida e de bebida e, o máis importante, tamén máis cantidade! Dúas barras para poder atendervos do mellor xeito posible!»

No apartado musical a xornada comeza co Concerto Punkinfantil a cargo de Peter Punk e Brais das Hortas e posteriormente, na sesión vermú, animación musical a cargo da Charanga NBA, que repetirán pola tarde cun segundo pase. «Despois de comer e ata as 19:00h haberá tempo libre de programación para desfrutar dunha xornada festiva para encher de música o adro con foliada popular, traede os vosos instrumento e ganas de tocar e bailar!». A partir das 19:30h comezan os concertos enriba do palco coa actuación das pandeireteiras de Cantigas e Agarimos e do grupo folc Airiños da Freba. A partir das 22:00h. sesión de verbena co Trío Tic Tac e a partir das 00:30h fin de festa con Noname dj’s!!

Ao longo do día haberá xogos populares e sorteos con agasallos sorpresas!!

Dende a organización recoñecen que «o ano pasado non contabamos con tanta afluencia de xente e colleunos desprevenidos, pero non nos volve a pasar outra igual, este ano estamos preparados!!

Haberá máis variedade de comida durante todo o día e, o máis importante, tamén máis cantidade! Pero iso si, mantendo os precios populares!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *