Os buzos co Patrón nas labores de limpeza.

A mañá de onte nos pantaláns do Porto Pesqueiro de Cangas foi atarefada e non precisamente pola chegada de mercadoría á lonxa. Nesta ocasión, como se fai cada ano, a tarefa foi sacar o lixo mariño do fondo da auga. Desde contedores comúns das rúas ata cadeas, cabos, navallas, asentos dalgún vehículo, nasas perdidas ou neumáticos… foron algúns dos elementos que o bateeiro e algunhas embarcacións tradicionais de pesca descubriron coa axuda dos buzos profesionais da navalla dunhas turbias augas provocadas polo movemento continuo do fondo. En total, máis de cinco toneladas de refugallos que se foron acumulando nos contedores instalado na rampla nunha xornada intensa que comezou ás 9:00 da mañá e que terminou pasadas as 14:00 horas.

Trátase dunha acción que anualmente organiza a Confraría de Pescadores de Cangas, encabezada polo seu Patrón Maior, Javier Costa, que este ano contou coa presenza e seguimento da alcaldesa da localidade, Vitoria Portas, quen supervisou as tarefas desde o pantalán e agradeceu o labor dos profesionais por manter limpo a marxe da Ría ademais, e dunha forma simbólica, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *