Tres informes de Augas de Galicia nunha semana que foron trasladados ao goberno local, quen asegura non ter constancia de verteduras en Cangas
«Pódense observar restos hixiénicos á saída do tubaxe», así de explícita é a descrición do profesional que o pasado 5 de decembro acudiu ata a praia das Cunchiñas, procedente da estación de bombeo de augas fecais de Massó cuxo titular é o Concello de Cangas. O líquido é de cor «esbrancuxado», cheira a «fecais» e a súa frecuencia é «continua», especifica tamén no informe de Augas de Galicia correspondente a este día. Supervisada a situación «contáctase telefonicamente co persoal da empresa xestora «UTE Xestión Cangas» o cal informa de que a vertedura denunciada atópase motivado pola sobrecarga hidráulica da rede de saneamento, non por fallo do equipo de impulsión». Moi similar ao que pon outro informe do día anterior, 4 de decembro, e do que di o seguinte do día 11.
Con motivo destes vertidos, explican desde la Xunta, realizouse a correspondente dilixencia asociada que foi notificada ao Concello de Cangas a semana.
A situación de contaminación continúa
Pero lonxe de poñer solución, a situación de verteduras fecais á ría de Vigo desde o litoral cangués continúa. O pasado xoves, que teña constancia Morrazo Noticias, houbo novas chamadas alertando ao 112 de que se estaba producindo unha vertedura de fecais na praia de Cunchiñas, na zona do Salgueirón. «Servizos municipais comunícanlle que están a traballar niso», trasladan desde o departamento autonómico. Non é a primeira vez que desde o servizos de Emerxencias alertan a Protección Civil de Cangas, Policía Local e Bombeiros da presenza de augas procedentes do saneamento urbano dentro do litoral municipal. Con todo, o goberno local asegura non ter coñecemento da presenza de verteduras.
Vertido en Vilariño e reunión coa UTE
A situación en Vilariño é ainda máis preocupante despois de dous meses de vertidos pero o tripartito, a través do seu concelleiro de Medio Ambiente, Antón Iglesias, négaa. Incluso lendo informes de dubidosa procedencia, segundo os asistentes á última Xunta de Portavoces, xa que as palabras do edil non coincide co recollido nos documentos oficiais de Augas de Galicia. Mañá luns está prevista unha reunión dos portavoces da oposición (PP e AV) e membros do gobierno local coa UTE Gestión Cangas para coñecer o que está a pasar.