As mostras de auga recollidas polos técnicos a xornada do 27 de novembro en Vilariño.
  • O informe de inspección emitido por Augas de Galicia correspondente ao 27 de novembro recolle que unha das bombas bota «augas residuais urbanas da rede de saneamento desde un rexistro previo á EBAR.
  • Con frecuencia «continua» directamente cara a marxe esquerda do rego e que afecta tanto visualmente como a zonas de baño
  • O concelleiro de Medio Ambiente dixo hoxe aos portavoces de AV e PP que Augas de Galicia non había tomado mostras ese día porque non había vertido
Imaxe da tubaxe antes do cese do caudal.

O informe de inspección emitido por Augas de Galicia das mostras tomadas o pasado 27 de novembro no regacho de Vilariño evidencia que nese momento existía unha vertido de augas fecais na marxe esquerda, a xulgar polos resultados das analíticas das mostras recollidas. Unha vertedura, precisan, «continuo» procedente «das obras que se están a realizar na estación de bombeo» da EBAR. Unhas augas que desembocan na ría de Aldán, provocando afección «visual» e tamén «nas zonas de baño».

Durante a inspección, os técnicos desprazados á rúa David Cal comproban que existen dúas mangueiras provenientes dunhas obras que se están a efectuar na EBAR e bombean augas residuais cara o rego de Vilariño de maneira descontinua. A primeira delas bombea augas residuais industriais xeradas na propia escavación dende un depósito instalado ao carón do pozo de bombeo, cara a marxe esquerda do rego sen depuración previa (punto de vertido V-23921). De esta, explica o informe, «non se pode efectuar mostraxe do vertido ao cesar o caudal espontáneamente durante a inspección».

As bombas no rego de Vilariño. A primeira sen auga e a segunda aliviando augas residuais do saneamento.

A segunda, en cambio, de cor azul e duns 10 cm aproximadamente de diámetro, bombea as augas residuais urbanas da rede de saneamento dende un rexistro previo á EBAR, directamente cara a marxe esquerda do rego (punto de vertido V-23922). Extráese mostra do caudal vertido codificando a alícuota principal como M-DS-JRR-271123-AA1. Os propios técnicos comprueban, e así o recollen no documento, que presenta «turbidez dende a localización dos puntos ata a súa desembocadura na ría de Aldán (nun tramo duns 100 metros)». Ademais, engaden os profesionais da administración autonómica, obsérvase acumulación de áridos no seu leito, consecuencia do vertido das augas xeradas no movemento de terras.

A inspección realízase «en presenza e coa conformidade» do responsable da empresa executora das obras, Civis Global S.L., á que se lle indica, ademais, que as verteduras sen depuración deben de contar con autorización de Augas de Galicia. Requisito que en é cásoche non se cumpre.

Imaxe dos áridos do regato.

Unha información contraria na Xunta de Portavoces

A versión do máximo responsable de Medio Ambiente no Concello de Cangas, Antón Iglesias, é outra ben distinta respecto a o que ocorreu o pasado 27 de novembro. AV e PP preguntaron hoxe ao edil na Xunta de Portavoces sobre o contido deste informe trasladado ao Concello a semana pasada por sede electrónica. Axudado polo seu móbil, explican os partidos da oposición, Iglesias leu o que parecía un documento de Augas asegurando que nel viña reflectido que os técnicos non puideran recoller mostras esa xornada porque non vertera.

Morrazo Noticias tamén tratou en varias ocasións contactar co concelleiro pero non obtivo resposta nin a través de chamada nin mediante mensaxería.

A semana que vén está prevista unha reunión do goberno e da oposición coa UTE.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *