Segundo fontes do Concello de Marín, o veciño de Seixo de 78 anos ao que se buscaba desde esta madrugada apareceu hai aproximadamente unha hora nunha cuneta da PO-313, á altura do supermercado Mice. Atopouno un voluntario de Protección Civil que participaba na procura. Aínda que está consciente solicitouse a presenza dunha ambulancia.
Unha vez informada a Policía Local e Nacional, que tamén formaban parte do operativo de rastrexo, anulouse a saída de drons prevista por parte do 112.