Un vehículo da Policía Local de Marín estacionado nas inmediaciones da comisaría.

Tras varios contactos co home, os axentes da Policía Nacional, Local e os efectivos de Protección Civil de Marín buscaron durante toda a madrugada, sen que, ata o momento, lograran dar co paradoiro do desaparecido, de 78 anos e veciño de Seixo.

O 112 Galicia tivo constancia da desaparición ao redor da unha desta pasada madrugada. A esa hora, os axentes da Policía Nacional comunicaban ao 112 que se atopaban na procura dun home que se perdera no monte, nun camiño de terra.

Logo de contactar co 112 Galicia, o varón indicaba aos xestores de emerxencias que saíra de Seixo cara o cemiterio, que tomara un atallo para volver á casa, pero non sabía onde se atopaba.

Á primeira hora desta mañá, os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade comunicaban ao 112 Galicia que tanto eles como os axentes da Policía continuaban na procura do home.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *