Javier Carro, diante do anexo do pavillón da Xunqueira.

Como o definiu o partido (PP) o día da súa presentación, Javier Carro é un candidato «atípico», pero de palabra. De decisións firmes e moitas veces arriscadas, pero sempre coa mirada posta na súa MOAÑA «con maiúsculas», como precisa en cada un dos seus encontros veciñais. De carácter, por suposto, pero sensibilizado ata a medula coas causas sociais e, en xeral, con quen lle precisa axuda. Unha chamada é suficiente para atopar a súa man tendida.

MN.- Que balance fai dos oito anos de goberno bipartito?

JC.- O mesmo que os veciños de Moaña, oito anos de parálises. Oito anos nos que non houbo nin unha soa obra que supoña un mellora para os veciños. Onde está o auditorio que prometían? Metelo con calzador no baixo dun edificio de vivendas sociais non é máis que unha cortina de fume que custará aos moañeses moito diñeiro e que non servirá para nada, bo si, para manter calados a uns cantos amigos que no seu día lles axudaron a chegar á alcaldía e que agora, oito anos despois, viron como as súas promesas caeron en saco roto. Polo resto, nada relevante, abandono.

MN.- É a cuarta vez que se presenta, a primeira polo PP ¿qué hai de diferente?

JC.- Eu son o mesmo, sigo mantendo as miñas ideas e o meu defensa de Moaña por encima de todo, independentemente das siglas, e o partido sábeo. Esa foi a miña condición desde o principio e agradezo o seu apoio sen fisuras. Pero está claro que esta campaña é diferente, non só polas siglas coas que me presento, senón tamén porque teño un equipo moito máis amplo, moi unido, moi comprometido, e que está a traballar moito para que os moañeses saiban a realidade que este bipartito trata de ocultar con anuncios que a maioría son falsos. Por exemplo que xa asinaron o convenio para arranxar a nave do Club de Remo de Tirán, cando non é certo, ou do arranxo do centro de saúde de Domaio, que tampouco está asinado aínda a pesar de que a alcaldesa ten o convenio sobre a mesa desde hai semanas.

MN.- ¿Considera que foi unha campaña tensa?

JC.- Para min e para o meu equipo non. Nós estivemos centrados no noso, en explicar o noso programa de goberno para Moaña. Se os demais estiveron tensos terán que dicilo eles e porqué…

MN.- ¿Qué opina dous outros candidatos?

JC- Que agora ódianse e mañá quérense por conveniencia para repartirse o diñeiro, o de sempre. PSdeG e BNG levan oito anos gobernando xuntos e agora critícanse, a ver quen pode sacar máis rédito político. Que os veciños de Moaña non se deixen enganar, só interésalles a cadeira de brazos, o soldo ou un posto en Santiago.

MN.- ¿Cré que o BNG cumpriu o seu programa electoral de 2019?

Vostede creo? Isto é como cando eramos novos e tiñamos un exame. Diciamos teño que estudar, teño que estudar pero… bo vou saír un intre e á volta sen falta póñome. Chegaba o último día, o últimos cinco minutos, e liámonos o libro a correr para cubrir expedente e polo menos sacar un catro para poder dicirlle aos nosos pais que o tentaches pero que os profesores che teñen teima. É o que pasou, insisto, e un exemplo palpable e o auditorio, que como non fixeran nada se inventaron a correr converter un baixo comercial nun auditorio. Non, señores, é unha tenda con butacas. E así con todo… Só falta que culpen da súa incompetencia á oposición…

MN.- ¿E o PSdeG?

JC.- Pois igual ¿hai algunha diferencia entre un e outro?

MN.- A súa única forma de chegar ao goberno sería cunha maioría absoluta?

JC.- Por suposto, nós gañamos nas urnas, non nos despachos. E sobre todo non facemos nos mitins un teatrillo tipo Escenas de Matrimonio e despois xustificamos a reconciliación dicindo que cumprimos coa vontade do pobo. Estou convencido de que os veciños nos darán a súa confianza maioritaria este domingo e que o PP gobernará Moaña a partir do 28 de maio.

MN.- Se isto non fose posible estaría disposto a negociar co PSdeG?

JC.- O PP preséntase a gañar, non pensamos en pactos. O noso é real. O resto non poden dicir o mesmo…

MN.- Cre que a alcaldesa está a utilizar aos veciños en beneficio do BNG?

JC.- É unha realidade. Todos os domingos, e agora tamén os xoves, faio megáfono en man diante do centro de saúde. Pero o que non lles di é que ela asinou sacar as urxencias do novo centro de saúde de Sisalde para levalas definitivamente a Cangas cando se constrúa o hospital comarcal. Teño que dicirlle que eu comecei a ir a estas as concentracións pero no momento no que empezaron a sacar bandeiras coa estrela vermella decidiu que non ía colaborar con esa manipulación. A sanidade é de todos, debemos loitar por ela estea quen estea na Xunta ou no goberno de España, pero utilizala como arma política para beneficiarche electoralmente paréceme moi baixo. E iso é o que está a ocorrer aquí en Moaña desde hai case 80 semanas. A campaña empezou hai moito tempo e estámola pagando todos os veciños…

MN.- ¿Como explicaría aos veciños ou seu proxecto para ou próximos catro anos?

JC.- Como llo estamos explicando en todos os encontros veciñais que estamos a facer. Coa verdade por diante e con 151 propostas de goberno totalmente realistas e posibles xa na primeira lexislatura porque cada un dos puntos do noso programa está traballado previamente, valorado e consensuado cos colectivos implicados. Que Moaña necesita unha residencia para a terceira idade é un feito e nós imos construíla nun lugar que reúne todos os requisitos como é a Reitoral de Tirán, que non se poden eliminar máis prazas de aparcamento nin privatizar rúas tamén é evidente, que as instalacións deportivas teñen que estar coidadas tamén, que hai que apoiar a todas as entidades para que poidan levar o nome de Moaña fose é un feito e que Moaña necesita un auditorio como Deus manda, que cumpra coas necesidades reais de todos os veciños unha evidencia. Temos dúas opcións para construílo e é posible facelo, só hai que querer e traballar. E a iso vimos, a traballar por Moaña, non a vivir de Moaña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *