Un coche da Garda Civil, ás portas da casa onde se atopou o cadáver.


A Garda Civil confirma que o cadáver que apareceu na tarde do pasado 9 de marzo de 2021 nunha vivenda da parroquia de Meira, en Moaña, pertence ao ancián de 84 anos que residía nela de alugueiro e que foi atopado pola propietaria da vivenda cando puido entrar na casa con consentimento xudicial tras un litixio por falta de pagamento das mensualidades.

Ademais, a Benemérita informa de que a filla do ancián, que en principio morreu por causas naturais, está a ser investigada por abandono dun familiar e por fraude á Seguridade Social ao cobrar a pensión do seu pai tras o seu falecemento. Un rumor que se comentaba na veciñanza desde o primeiro momento e que agora se reforza coa investigación da Garda Civil. Crese que esta muller, de 47 anos e que residía co home nesta casa da recta da Borna xunto á súa parella ata meses antes do achado do cadáver cando se mudou a Cangas, seguiu cobrando a pensión do home durante un ano, ata finais de 2020.

Polo momento, a Garda Civil deixouna en liberdade á espera de que o xulgado a cite para declarar.

Nun principio, e polas condicións nas que apareceu o cadáver, os investigadores pensaron que pertencía a unha muller pero poucas horas despois, a falta da confirmación científica oficial de agora, determinouse que pertencía a este octoxenario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *