Porta de entrada ao supermercado Lidl de Cangas.

Policía Local de Cangas e Garda Civil acudiron a última hora da mañá de onte domingo ao supermercado Lidl desta localidade, situado na Avenida de Bueu, alertados tras soar a alarma do edificio. Ao chegar atopáronse a porta principal próxima ás caixas descolocada, coma se tentasen forzala, aínda que permanecía pechada e non puideron entrar. Non foi ata a tarde cando acompañados polo técnico de alarmas revisaron o interior do supermercado comprobando que non faltaba nada e que tampouco había ninguén. Segundo fontes policiais, o suposto ladrón ou ladróns escaparon ao saltar a alarma.

A presenza dos vehículos da Policía Local e da Garda Civil ás portas do supermercado e a iluminación acesa un domingo chamaron a atención dos veciños e viandantes que pasaban pola zona.

Os responsables de Lidl cos que Morrazo Noticias púxose en contacto declinaron facer declaracións sobre este asunto e derivan a Lidl España.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *