Esta mañá, arrancou na zona de Cantodarea unha actuación conxunta co Concello de Pontevedra a través de Viaqua para a conexión dunha válvula entre ambos concellos e dun contador.
Tal e como explicaron fontes técnicas municipais, o obxectivo é controlar o caudal que entra e aislar o funcionamento da tubaxe de Marín, coa finalidade de evitar que se dean faltas de suministro cando existe algunha rotura en Corbaceiras e que pode afectar á nosa rede.
Os traballos arrancaron hoxe e está previsto que se executen ao longo da semana.