Deseño do novo skate park do Parque Azul.

A empresa O Rosal, que resultou adxudicataria da obra de mellora e rehabilitación do skatepark do Parque Azul de Cantodarea, xa iniciou os traballos, que terán un prazo de execución dun mes.

Investiranse 41.512 euros, que servirán para adaptar os elementos do skatepark ás necesidades dos usuarios, xa que nestes momentos presentan un importante deterioro na conservación dos mesmos, tanto polo intenso uso como polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas, tendo en conta que ten 10 anos de
antigüidade.

A actuación consistirá na reparación de todos os módulos de formigón e das bancadas, así como a substitución da reixa de recollida de pluviais. Tamén se limparán os muros e o peche perimetral do parque.

Volverase pavimentar todo a lousa do chan e cambiarase a baranda metálica. En canto aos módulos de aceiro que hai sobre as actuais escaleiras, serán retirados para realizar dous novos en formigón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *