O centro de saúde de Cangas conta desde o pasado martes cun especialista máis en psiquiatría para atender aos veciños da comarca do Morrazo. Así o confirmou o xefe do complexo sanitario cangués, Benigno Villoch.
Con este novo facultativo son dous psiquiatras que compoñen a unidade de saúde mental morracense, ademais de por un psicólogo, unha enfermeira especializada en saúde mental e un administrativo.
Este novo recurso sanitario se enmarca no Plan Estratéxico de Saúde Mental 2020-2024 que o SERGAS está acometendo e que contempla un importante incremento de recursos e dotacións para Galicia.
Novas Unidades na Área de Vigo
En concreto, a Área de Vigo experimentou nos últimos meses un pulo moi significativo neste eido, creando novas Unidades con dotacións de persoal e ofertando novas prestacións asistencias na carteira de servizos da saúde mental.
Estas medidas teñen mellorado de xeito moi significativo a accesibilidade dos usuarios ao sistema publico de saúde e, en consecuencia, a calidade sanitaria ofertada.
Entre esas novas Unidades cabe subliñar a de Prevención do Suicidio no centro de saúde de Taboada Leal; a ambulatoria de Saúde mental en Tui; a ambulatoria infanto-xuvenil no Álvaro Cunqueiro e o Hospital de Día no Nicolás Peña. Ademais, proximamente vaise abrir una Unidade ambulatoria en Ponteareas así como a nova Unidade de Hospitalización de menores no hospital Álvaro Cunqueiro.