Aínda non se sabe se se poderán tramitar as denuncias debido a que a ordenanza non especifica que estea prohibida a permanencia durante o día, si durante a noite, pero a Policía Local de Cangas xa se puxo firme e esta mañá identificou a tres persoas por, supostamente, reservar sitio con hamacas e toallas na praia de Francón.

Ante as queixas de varios veciños, acudiron ao areal e comprobaron que había numerosos bártulos instalados xa a esa hora ocupando gran parte da area. Mañá a patrulla volverá facer o mesmo e acudirá á praia para supervisar se se repite a escena que, a falta de concretar coa ordenanza, estaría prohibida.

É a primeira vez que a Policía Local de Cangas chega a identificar a persoas por este motivo pero todo parece indicar que non será a última.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *