En Marín seguen gozando dun verán con xeito, grazas a unha
programación segura e adaptada á situación sanitaria. Despois do Carme,
as festas chegan hoxe a Seixo, a partir das 23.00 horas, coa animación
musical de Los Coleguitas no entorno da Praza de Abastos.

O sábado, de 11.00 a 14.00 horas, haberá actividades infantís na Alameda,
para que os máis pequenos da casa tamén poidan gozar destas festas, e a
partir das 12.30 horas, a ambientación musical será a cargo de Os
Saljariteiros, na Praza de Seixo.

Xa de noite, na Alameda, a Banda de Música Musimarín ofrecerá un
concerto ás 21.00 horas e máis tarde, ás 23.00 horas, será o grupo Raúl & Cía
o encargado de poñer o peche á programación no entorno da Praza de
Abastos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *