Xefa territorial, técnico, delegada territorial e portavoz do PP de Moaña durnte a visita esta mañá ao TCA de Tirán.

Os traballos enmárcanse na estratexia da Xunta para eliminar treitos perigosos nas estradas galegas. No caso do tramo Tirán-Coiro invistironse 1,1 millóns de euros

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este martes os traballos realizados para a eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada PO-551 en Coiro e Tirán, nos concellos de Cangas e Moaña, que contaron cun investimento de 1,1 millóns de euros. Segundo explicou a representante autonómica, as obras neste treito da PO-551 permitiron ampliar a estrada e actuar en cinco interseccións para incrementar a seguridade, mellorando as beirarrúas en tres treitos e as paradas de autobús para facilitar os desprazamentos a pé e facer máis cómoda á espera do transporte público.

“Esta intervención enmárcase na estratexia para a eliminación dos treitos de concentración de accidentes nas estradas de titularidade autonómica que está a desenvolver a Xunta cun investimento de máis de 15 millóns de euros”, sinalou. Segundo abundou, a Xunta atendeu boa parte das propostas dos veciños a este proxecto, sempre tendo como premisa última a mellora da seguridade viaria, principalmente en Tirán, adaptándoo na medida do posible á recuperación do Camiño Real.

A delegada indicou que os traballos tamén permitiron ordenar os aparcadoiros e mellorar os pasos de peóns, dotando tres con equipamento intelixente. Concretou que en Cangas, na parroquia de Coiro, a Xunta executou unha nova beirarrúa de dous metros de ancho na marxe dereita da estrada, para dar continuidade á que xa hai na saída do núcleo e enlazar coa actual da rotonda do Gordo.

Técnicos e autoridades esta mañá na rotonda do Lidl.

Santo Domingo

Ademais, habilitouse outro treito de beirarrúa pola marxe esquerda noutro punto e mellorouse unha intersección, a do cruzamento de Santo Domingo, coa execución de cuñas de entrada e saída, a dotación de beirarrúas e a disposición de paradas de autobús en ambos os dous sentidos.

En Moaña a actuación na PO-551, ao seu paso pola parroquia de Tirán, comprendeu a execución dunha nova glorieta xunto ao Lidl, de 28 metros de diámetro, con dous carrís de catro metros e o acondicionamento da súa contorna: instaláronse pasos de peóns intelixentes, dotados con detectores de presenza, trasladáronse as paradas de autobús e renováronse a ampliouse a beirarrúa esquerda.

Tamén houbo actuacións noutras dúas interseccións: na do cruzamento de Castroviejo, coa disposición de cuñas para a incorporación e saída da estrada; e modificouse a existente na marxe esquerda, no punto quilométrico 22+810, para garantir maior seguridade nas manobras e favorecer o acceso á parada de bus. No treito situado entre os puntos 22+880 22+920 ampliouse a sección da marxe dereita para ter unha parada, beirarrúa e zona para os contedores de lixo.

Intersección no CEIP Tirán

Entre as actuacións feitas nesta contorna, destaca a mellora da intersección de acceso ao CEIP de Tirán, coa que se atende as achegas presentadas ao proxecto inicial: ampliaronse as dimensións do cambio de sentido, habilitouse un carril de espera e melloraronse as condicións de seguridade dos peóns, dispoñendo beirarrúas para mellora a seguridade do itinerario peonil escolar, de 2 metros de ancho en ambas as dúas marxes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *