A inauguración tivo lugar hoxe a a ela asistiu tanto parte do goberno local como a directiva de Estrela de Marín
Dende hoxe e ata el domingo 1 de agosto na Alameda, cumprindo con todas as normativas sanitarias e garantindo postos individuais para cada comercio, celebrarase a feira de saldos Stock Marín.En total, son 23 as carpas as que se colocaron, 15 de 5,5 metros e 8 de 3,3 metros, ocupados na súa totalidade por comercios da vila marinense. Esta mañá foi a inauguración á que asisteu unha nutrida representación do gobierno local e la directiva do CCA Estrela de Marín, organizador da feira.
Os establecementos ofrecen ao público prezos moi bos, chegando a acadar descontos do 60%, con produtos relacionados con sectores da moda home-muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado de adultos e infantil, deporte, xoiaría e bisutería, informática, alimentación, papelaría, material escolar, xoguetería e perfumería.
O horario do evento durante o fin de semana será de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 23.00 horas con entrada gratuita. Coa finalidade de cumprir as recomendacións do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral controlarase o aforo do evento en todo o momento e o uso da máscara tamén é obrigatorio en todo momento. Ademáis, ten fluxos de entrada e de saída e hai a disposicións dos visitantes xel hidroalcohólico.
Desde Estrela aseguran que este evento “é unha boa ferramenta para poder darlle saída aos stocks acumulados por mor da pandemia”, unha idea que comparte a concelleira, que por iso cre “imprescindible computar esta axuda económica dentro do noso Plan de Reactivación Local”.