A parroquia de Figueirido, en Vilaboa, dará as 12 badaladas este domingo ás 12 da mañá, doce horas antes do horario oficial que dará a benvida a 2024. Veciños, e todo aquel que queira achegarse para adiantar a chegada do novo ano, deberá levar as 12 uvas ao parque de Figueirido, onde está prevista a actuación da Banda da Escola de Música de Vilaboa a iso das 11:45 horas.
Despois, para celebralo, o público poderá brindar na pequena cantina instalada no recinto para a venda de bebidas e chocolate quente.
Esta iniciativa está organizada en colaboración co Concello de Vilaboa.