Inauguración do aparcamento disuasorio de Domaio en 2015.

Tamén se prevé ampliar a área disuasoria de Domaio

A Xunta aposta polo transporte compartido desde a comarca do Morrazo á cidade de Vigo ou outros puntos da área e a Pontevedra. E con ese obxectivo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que presidiu onte o Consello da Xunta na delegación de Vigo anunciou que a consellería de Infraestruturas prevé a construción de dous novos aparcamentos disuasorios en Moaña, que se suman aos dous que xa existen, un en Broullón e outro próximo á rotonda de Rande.

Os novos estacionamentos están forman parte do plan de mobilidade baixo o que se fixo o desdobramento da autovía e un deles está proxectado na parroquia de Meira, onde inicialmente íase a construír unha gasolineira, e o segundo en Domaio.

Tamén no Consello de onte anunciouse a intención de ampliar a área disuasoria de Domaio pola súa alta demanda e falta de espazo para acoller todos os vehículos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *