Mañá FECIMO dará comezo unha nova campaña de dinamización comercial coa finalidade de que os clientes demostren o seu cariño polas súas empresas de confianza do Morrazo. Esta campaña baixo o lema “ESTE COMERCIO NAMORA MAZ❤”, sorteará 600€ en premios entre as persoas que, tras realizar consumos entre as datas 7 e 28 de febreiro, suban fotografías súas en calquera dos establecementos participantes. Cantas máis fotografías en distintas empresas suban, máis posibilidades terán de gañar un destes fantásticos premios.
O funcionamento é moi sinxelo, basta con tirar unha fotografía nun establecemento participante cun dos elementos da campaña, preferiblemente acompañad@ de persoal do establecemento, e subila á plataforma de www.comerciodomorrazo.com, indicando os seus datos para o rexistro.
Ademais, se no momento do rexistro da fotografía indican unha razón pola que lles gusta o seu comercio local, entrarán no sorteo de 3 Premios Extra (un en cada localidade: Bueu, Cangas e Moaña)
Con esta promoción o Comercio do Morrazo da a oportunidade de que os seus clientes gañen interesantes premios ao demostrar que están “IN LOVE” coas empresas da comarca.
O vindeiro mércores 1 de marzo terá lugar o sorteo entre todas as fotografías subidas á plataforma ata o día 28 de febreiro de 2023. Repartiranse 600€ en Tarxetas Regalo cargadas con 50€ que volverán a ser gastadas nas empresas do Morrazo. Os/as gañadores/as deste sorteo serán publicados/as nas redes sociais e web de Comercio do Morrazo e FECIMO.
Campaña organizada por FECIMO, a través das asociación locais ACIBU, ACICA e
ACIMO, e cofinanciada pola Xunta de Galicia.