A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO), pon en marcha unha nova Campaña de Nadal baixo o slogan “TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL” o vindeiro 5 de decembro de 2023.
Chega o Nadal e con él o sorteo de premios máis grande do ano na nosa Comarca. As empresas do Morrazo celebran estas datas tan especiais dando a posibilidade aos seus clientes de conseguir fantásticos premios pola súa fidelidade. O slogan procura enviar a mensaxe aos consumidores de que eles son os verdadeiros protagonistas do nadal para as empresas do Morrazo.

Premios e funcionamento da campaña

15.000 euros en premios dos cales realizarase entrega de premios directos e un gran sorteo de final de tres premios de 1000 euros.

Cada vez que un cliente realice un consumo maior de 10 euros nun establecemento participante nesta campaña entre o 5 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024, recibirá tarxetas con códigos alfanuméricos que deberá rexistrar na páxina www.comerciodomorrazo.com para saber no
momento se foi agraciado cun dos estupendos premios directos que se sortean.

Dende a Federación destácase a importancia de gardar o código de participación, aínda que non resulte premiado cun dos premios instantáneos, xa que tódolos códigos rexistrados e non premiados entrarán no gran sorteo final que se celebrará o luns 8 de xaneiro de 2024. O sorteo final consistirá en 3 premios de 1.000€*, cada un dos mesmos sorteado entre os códigos rexistrados nas localidades de Bueu, Cangas, e Moaña, é dicir, 1.000 euros por localidade.

Os premios entregaranse en tarxetas regalo do Comercio local para gastar exclusivamente nos establecementos participantes na campaña.

Sorteos entre cartas a Papá Noel e Reis Magos

Por outra banda, e tralo éxito acadado na edición anterior, realizarase unha vez máis a promoción “Vive a Maxia do Nadal”, na que volven a incluir sorteos entre as cartas dirixidas a Papá Noel e as dirixidas aos Reis Magos, que os máis pequenos do fogar cubran e depositen nun dos buzóns habilitados nas localidades de Bueu, Cangas e Moaña. Deste xeito darase a posibilidade de conseguir algún premio para facer realidade algún dos seus anhelos navideños.

Buzóns do Nadal

Os buzóns de Nadal estarán colocados en: o BUEU: Amando Fotógrafos (Pazos Fontenla 19), Librería Miranda (Pazos Fontenla 35), Nene ́s Moda (Xoan Carballeira 16) e Pepeluchos (Eduardo Vincenti 17) o CANGAS: Foto Marcial (Méndez Núñez 2), Son da Terra (Pablo Iglesias 8),Tecnosat (Montero Ríos 17) e Xoaniña (Avda. Marín 6) o MOAÑA: Droguería Chévere (Barxas 5), Ferretería O Muelle (Concepción Arenal 270), Librería Alborada(Concepción Arenal 112) e Merca Precio (Concepción Arenal 70).

As empresas participantes na campaña terán dispoñibles cartas de desexos S para que os nen@s da comarca podan participar. 600€ EN PREMIOS Os premios a sortear nestes sorteo de cartas serán os seguintes: _ 3 premios de 50€ por localidade entre as cartas dirixidas a Papá Noel. _ 3 premios de 50€* por localidade entre as cartas dirixidas aos Reis Magos.

Estes premios entregaranse en tarxetas regalopara gastar nos establecementos participantes na campaña de Bueu, Cangas e Moaña.

En canto ás datas dos sorteos, terán lugar os días venres 22 de decembro de 2023 e venres 5 de xaneiro de 2024.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *