Esta semana da comezo unha nova campaña de dinamización coa que os clientes do Comercio do Morrazo gozarán da Maxia de Mercar no Comercio Local. Esta campaña busca lembrar ás persoas consumidoras o sentimento de ilusión que se agocha dentro dos comercios locais do Morrazo. A campaña, que da comezo esta semana estará vixente ata o 25 de setembro e nela os clientes poderán gañar 600 euros en premios e centos de entradas para os espectáculos de maxia que se levarán a cabo durante a campaña.
Para participar nos sorteos de 600€ en premios as persoas consumidoras do comercio local deberán rexistrar na páxina web www.comerciodomorrazo.com os seus tickets de compra, superiores a 10€, obtidos nos comercios asociados do Morrazo durante a vixencia da campaña. No referente aos premios, realizarase un sorteo, ao remate da campaña, de 600 euros en premios entre os tickets rexistrados do 5 ao 25 de setembro.
Os clientes deberán gardar estes tickets rexistrados, xa que no caso de resultar gañador, serán solicitados por parte da organización para proceder á súa validación. Os gañadores recibirán o seu premio en tarxetas regalo, que volverán a ser gastadas nos establecementos de Comercio do Morrazo.
Pero a cousa non queda aí. Ademais do sorteo de premios haberá Espectáculos de Maxia para os máis pequenos do fogar, aos que poderán acceder as persoas clientas con tickets de compra superiores a 20 euros. As persoas consumidoras que rexistren un ticket por valor igual ou maior a 20 euros terán a posibilidade de solicitar unha entrada para asistir a un dos ESPECTÁCULOS DE MAXIA que terán lugar en durante a campaña. Entregaranse entradas ata completar o aforo de cada un dos eventos.
Entre as actuacións que se levarán a cabo a campaña contará coa presenza do Mago JoseMari que ven de alzarse neste 2022 co Premio Nacional de Maxia Infantil e que presentará o seu espectacular “Circo de pulgas”. Outras das actuacións ás que poderán asistir as clientas do comercio local serán as do Mago Dani Polo co seu espectáculo “Enmaxiarte”, o Mago Rafa co seu espectáculo “Ahora” e o Mago Paco co seu espectáculo “Ledicias”.
Para solicitar as entradas, as persoas consumidoras deberán enviar unha fotografía do ticket de compra ao número de whatsapp (+34)986305000 e escoller a data e hora do espectáculo ao que queren asistir. Esta campaña está organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA E ACIMO, e cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio, coa colaboración de Abanca.