Esta iniciativa de FECIMO que deu comezo o pasado 19 de decembro, animaba aos rapaces da comarca de entre 4 e 14 anos a realizar as probas nos establecementos participantes das tres localidades, 26 empresas de Bueu, 41 empresas de Cangas e 29 empresas de Moaña, ata o día 31 de decembro. Despois de dúas semanas intensas completando as probas mínimas da súa localidade, os Exploradores entregaron os seus mapas cos seus datos persoais nos comercios participantes para entrar no sorteo dunha Tablet y unha Gran Cesta de Nadal.
Finalmente chegaron os tan esperados días dos sorteos, da man dunha Gran Festa con Actividades de Animación, obradoiros, música, baile e chocolatada que tivo moi boa acollida por parte dos máis xóvenes da comarca con actividades para disfrutar o Nadal na rúa, tras dous anos sen celebrarse debido á COVID.
Un amplo equipo de animadores baixo a coordinación do persoal técnico de FECIMO foron os encargados de dinamizar a contorna para que as familias se acercasen cos seus cativos. Houbo:
Obradoiro de Maquillaxes
Obradoiro Pinta- Nadal
Zona de xogos e Actividades de animación dirixidas. Ademais servíuse unha CHOCOLATADA para todos nenos asistentes, nun punto determinado da tarde realizouse en directo o sorteo de premios da XINCANA INFANTIL para tódolos que fixeron e entregaron o seu mapa cuberto.
O resultado dos sorteos foi o seguinte:
Luns 2 de xaneiro en Moaña a partir das 17:00h no contorno do Palco da Música:
Tablet: Noel Arosa Comesaña Cesta de Nadal: Uxía Álvarez Álvarez
Martes 3 de xaneiro en Cangas a partir das 17:00h, na alameda Vella:
Tablet: Artai Ríos Bergantiños Cesta de Nadal: Uxío Rodal Domínguez
Abel Cousa coa súa tabletNoa Gallego recollendo a cesta.
Mércores, 4 de xaneiro en Bueu a partir das 17:00h na Praza do Concello:
Tablet: Abel Couso Núñez Cesta de Nadal: Noa Gallego Fazanes
Para estes premios non era preciso que estivera presente o/a gañador/a,posto que, de ser o caso, contactábase por teléfono. Aínda así, para os nenos e nenas que estiveron presentes houbo moitos premios sorpresa.
Esta iniciativa foi organizada por FECIMO a través das asociacións locais ACIBU, ACICA E ACIMO e cofinanciada pola Xunta de Galicia.