A Alcaldesa de Marín, María Ramallo, convida a todos os cidadáns apaixonados da fotografía a acudir á inauguración que terá lugar o próximo mércores 8 de maio ás 18.00 horas no Museo Municipal Manuel Torres e que estará exposta durante todo o mes de maio.

Esta mostra do fotógrafo e matemático ourensán titulada “Insercións” ten como denominador común das 6 seccións coas que conta a mistura da natureza con elementos subxectivos, para acadar unha poética concreta nas súas imaxes.

A exposición conta con diferentes seccións nas que podemos atopar unha homenaxe á escritora Xohana Torres, intelixencia artificial no bosque, gastropatrimonio ou o mundo de Meijón, o cal ten que ver coas intervencións de José Meijón nos cons e pedras de Marín.

Deste modo, Xulio non detén a súa imaxinación e segue na procura de novas propostas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *