Estado no que quedou o vehículo.

Dous feridos, en principio leves, este mediodía nun espectacular accidente ocorrido na zona de Outeiro, en Coiro, tras saírse da vía o vehículo que conducía unha veciña desta parroquia e chocar contra un poste de formigón situado nunha marxe da estrada. Afortunadamente, as consecuencias, aínda que importantes, só foron materiais. O vehículo quedou moi danado, practicamente inservible, e efectivos de Protección Civil tiveron que asegurar o póste que quedou suxeito só polos arames.

Polo momento descoñécese a causa exacta do accidente aínda que nun principio podería producirse por un descoido.

A condutora, duns 40 anos de idade, foi trasladada ao centro de saúde de Cangas consciente pero moi nerviosa. Xunto a ela viaxaba o seu fillo. Ocorreu pasadas ás 14:00 horas.

Ata o lugar trasladouse o Servizo Municipal de Emerxencias, Bombeiros Morrazo, Policía Local, 061 e Garda Civil Tráfico.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *