Un coche envorcou na autovía do Morrazo, na saída de Cangas. Ocorría ao redor das 13:30 horas. En principio non houbo que lamentar feridos aínda que si ocasionou retencións no vial.
Según testigos, o coche circulaba polo desvío a Cangas cando o condutor quixo volver ao carril central e nese momento atopouse con outro vehículo, o que provocou que chocase coa mediana e tras circular un tramo a duas rodas finalmente envorcou.