Moz@s bañándose na fonte de María Soliña.

Segundo informa o xefe da Policía Local de Cangas, Alberto Agulla, tras conversacións coa Garda Civil, o corpo comprométese a reforzar o servizo de vixilancia esta fin de semana na localidade para evitar imaxes como as da pasada fin de semana nas que o lecer nocturno incumpriu todas as normas anticovid establecidas neste momento.

Ademais, e ante a necesidade de que se reestablezca a quenda de noite da Policía Local, mañá está previsto que mañá se reúnan os sindicatos policiais municipais coa alcaldesa, Vitoria Portas, para tentar desatascar a negociación e poder resolver un problema que se arrastra desde meses atrás.

De lograrse isto mañá, entre o xoves e o venres convocaríase a Mesa de Coordinación Policial, que segúndo Agulla é un órgano incluído na Xunta Local de Seguridade no que pode ou non estar a Alcaldesa e que permitirá poder coordinarse entre ambos os corpos policiais para manter a seguridade nocturna nas rúas de Cangas.

A Subdelegación dice non ter ningunha solicitude do Concello

Pola súa banda, a Subdelegación do Goberno asegura que non ten ningunha comunicación por parte do Concello de Cangas pedindo reforzos e apoio ante este descontrol no lecer nocturno da pasada fin de semana e mostra a súa «sorpresa» porque desde o Goberno Local non se convoque unha Xunta Local de Seguridade de urgencia, que pode convocarse con só 24 horas de antelación, para organizar unha vixilancia coordinada entre a Policía Local e a Garda Civil «como se fixo noutras ocasións» ao ser o único órgano oficial que pode tratar estes problemas. Iso si, aclara, que a Garda Civil non está para «substituír» á Policía Local.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *