O corpo non presenta sinais de violencia ainda que fíxose cargo do caso a Garda Civil para determinar as causas do falecemento
Un veciño de Moaña de 63 anos apareceu morto na casa na que vivía coa súa nai na rúa Arturo García situada na parte posterior do edificio do Concello. Segundo fontes policiais, un familiar próximo acudiu á vivenda e encontrouno xa falecido na cama. Nese momento chamouse á ambulancia de Moaña, que acudiu ata o PAC de Cangas para recoller ao médico e traladalo novamente ata a casa do finado. A súa chegada so puido certificar a morte.
Ainda que nun primeiro momento acodiu a Policía Local de Moaña, que se encontra a poucos metros do piso onde ocorreron os feitos, despois chegou a Garda Civil que é quen se encargará do caso ainda que o corpo non tiña sinais de violencia.
Ainda que nun principio o procedemento sanitario é o axeitado, xa que a petición do servizo médico non era para unha reanimación senon para certificar a morte, achegados do home queixábanse da tardanza da ambulancia (25 min). Indicaban que chegou antes a Garda Civil, que cando activouse a alerta atopábase en Bueu, que a ambulancia ao ter que ir ata Cangas e volver co médico.
Neste momento estase á espera da chegada do equipo xudicial para poder levantar o cadáver.