REDACCIÓN: SERAFÍN VALLADARES. O Concello de Cangas segue na súa campaña de axuda ao Balonmán Cangas para que non sexa descendido nos despachos por parte da Federación Española de Balonmano. Por este motivo, envioulle unha carta o concelleiro de Deportes, Eugenio Gonzalez, solicitando o nome dos titulares do Comité de Competición e da Comisión Delegada para poder iniciar actuacións xudiciais contra a entidade. 

A carta á Federación sae do Concello de Cangas dous días despois que a denuncia dos feitos á presidente do CSD (Consello Superior de Deportes) para que tome medidas no asunto. «Rogo facilíteseme o nome de todos os titulares pertencentes aos devanditos organismos» , esixe o concelleiro na mesma.

González sinalou que o concello da localidade levará á Federación ante a xustiza ordinaria se mantén a súa intención de que haxa descensos na liga Asobal se non se pode renovar a competición pola crise sanitaria. «Presentaremos a denuncia na Audiencia Nacional e pediremos medidas cautelares para que non se poida empezar a próxima tempada ata que se resolva este caso. Os estatutos da Federación son claros. A competición ten que completarse a dúas voltas», denunciou o concelleiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *