A furgoneta quedou totalmente calcinada.

Os servizos de emerxencias da comarca traballaron durante a tarde en dous incendios na parroquia de O Hío, ambos con apenas hoxe e media de diferenza. O primeiro foi nunha vivenda en construción que, por mor dun curtocircuíto ou un sobrecalentamiento da regleta de enchufes onde tiñan conectado un deshumificador, produciuse un incendio que non provocou danos persoais. A casa estaba baleira.

O operativo para apagar o lume da vivenda.

Isto ocorreu ao redor das 18:00 horas e cando os efectivos comezaban a retirarse deste caso, alertaron de que había unha fumareda negra en Punta Couso. Ao chegar ao lugar comprobaron que se trataba dunha furgoneta que estaba a arder. Pertencía a unha empresa e o seu condutor estaba no lugar porque acababa de parala para proceder á súa carga. Aínda que trataron de apagala rapidamente, á chegada dos efectivos de emerxencia o vehículo xa estaba totalmente calcinado.

Segundo Protección Civil de Cangas, a orixe puido ser un fallo mecánico. Parece ser que ao baixarse o condutor escoitou un asubío pero non lle fixo caso. Aos minutos iniciouse o fume.

En ambos os incendios estiveron presentes Emerxencias de Cangas, Policía Local, Garda Civil e Bombeiros do Morrazo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *