Un dos cribados na Raña, en Marín.

A semana comeza cun notable incremento dos casos de Covid-19 confirmados. Como sucede desde principios da semana pasada, Moaña continúa sendo o municipio con máis casos e a día de hoxe rexistra 51 casos, 18 máis que o pasado venres.

Cangas, que ata o momento non destacara pola incidencia desta onda, tamén experimentou un incremento importante desde hai tres días. Actualmente o Sergas contabiliza aquí 36 casos, 21 máis.

Marín anota 38 contaxios, tamén 21 máis desde o pasado venres.

Polo momento, Vilaboa é o único municipio que se libra desta subida e continúa por baixo dos 9 casos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *