A concelleira do BNG de Cangas, Iria Villar, presentou a dimisión como concelleira da agrupación nacionalista «por motivos de carácter laboral». «Neste curso estou destinada noutro Concello (Arzúa) o cal impídeme residir en Cangas. Esta situación dificúltame cumplir coas miñas funcións como concelleira, que son as de representar e defender os intereses da veciñanza de Cangas e estar ao tanto das problemáticas que xurden no día a día do noso concello. É por isto que por coherencia, véxome na obriga de renunciar ao cargo de Concelleira do Grupo Municipal do BNG que veño exercendo dende a miña toma de posesión na sesión constitutiva da Corporación Municipal celebrada o día 15 de xuño de 2019», expón na solicitude de renuncia presentada polo rexistro de Cangas.
O seu posto ocuparao José antonio Antepazo Gil, o seguinte da lista.
Dárase conta deste cambio nas filas do BNG no próximo pleno ordinario.