A edil de Cultura, Turismo e Servizos de Cangas presentou esta mañá o seu escrito de renuncia a todos os seus cargos pero mantén a acta de concelleira
A concelleira de Cultura, Turismo e Servizos de Cangas, Aurora Prieto, presentou esta mañá o seu escrito de renuncia de todos os seus cargos no goberno local polas súas discrepancias coa alcaldesa, Victoria Portas, ainda que mantén a súa acta de concelleira de EU. Nun conciso documento, Prieto expón:
Tras esta dimisión, o goberno local de Cangas estará composto pola rexedora e dous edís, Mariano Abalo e Adrián Pena.
Ás 12 horas de hoxe a concelleira ten previsto dar unha rolda de prensa no Concello.