Trátase do mesmo veciño que mantén en pé de guerra aos veciños por presuntos roubos no municipio
Esta mañá foi detido un veciño de Bueu, Juan J.G., por conducir un vehículo sen permiso en vigor para iso. Trátase do mesmo individuo que ten en pé de guerra aos veciños desde hai xa varias semanas por presuntos roubos en empresas, garaxes e establecementos da localidade e que provocou xa tres mobilizacións no cruzamento de As Means, a poucos metros da vivenda na que reside coa súa parella e un familiar desta. Queren que se marche da localidade para evitar incidentes.
A Policía Local de Bueu procedeu á súa detención en plena rúa Pazos Fontenla, á altura da oficina de Correos, ao velo minutos antes ao volante dun coche a pesar de non ter carnet. Posteriormente, informan fontes oficiais, quedou posto en liberdade e nas próximas horas tramitarán as dilixencias ao xulgado para que tome a decisión oportuna.
Segundo testemuñas do momento da detención, anteriormente tivo un pequeno altercado con outra persoa nunha rúa da contorna e que foi o que provocou a chegada dos axentes.
A situación provocou gran curiosidade entre os veciños que nese momento atopábanse nas inmediacións.