A máquina arranxando unha das avarías na rede de abastecemento.

O Concello de Marín informa de que nas últimas horas detectáronse 6 roturas no abastecemento de auga entre Seixo, Aguete e Loira. O servizo municipal de Aguas arranxou 4 delas e espera resolver na maior brevidade posible as dúas que están pendentes.

Os servizos técnicos cren que estas avarías foron debidas a unha sobrepresión que se ocasionou por unha rotura inicial, que despois provocou o resto, pero aínda están por esclarecerse as causas ao cen por cen.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *