Un efectivo de Gardacostas xunto á vieira decomisada.

O servizo de Guardapesca, entre outras confrarías, comisa 8’8 kg de vieira en Moaña. Esta mañá, ao redor das 11:30 horas mentres realizaban unha rolda de comprobación da zona coñecida como O Forno de Cal ou Calera, que divide as confrarías de Moaña e Vilaboa, observaron un movemento estraño dun home se uns 65 anos polas inmediacións da praia. Ao pouco intre, comprobaron que saíu outro home duns 40 ataviado con traxe de neopreno e aletas pero non portaba nada máis.

Con todo, ao chegar ao seu vehículo cambiouse de roupa e, acompañado da outra persoa que merodeaba por terra, metéronse no coche pero sen marcharse do lugar. Iso fixo desconfiar aínda máis aos Gardacostas, que proceden a peitear a zona para buscar se esconderan algo e nas rocas localizaron os 8,8 kg de vieira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *