A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-551, no treito comprendido entre a saída da travesía de Cangas e a intersección de acceso ao colexio de Tirán, no concello de Moaña.
A Xunta destina a esta actuación un investimento autonómico de máis de 1,1 millón de euros, nos que se inclúe o pagamento dos 46 predios necesarios para a súa execución.
No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: https://xurl.es/3eoc1