A Concellería de Medio Ambiente e Voluntariado de Cangas colabora coa Actividade organizada pola Asociación Spirit23 o próximo 12 de xuño. Esta actividade levarase a cabo na praia de Liméns de 10.00 a 13.30 e consistirá na recollida de refugallos e plástico, ademais de outras actividaes como Ioga e palestra.

Importante levar luvas propias (reciclables e de varios usos) e toalla para facer Ioga.

Poden anotarse previamente na Oficina de Voluntariado no 986392171 de 9.00 a 14.00 horas ou xa o propio día na praia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *