O concelleiro de Mocidade de Moaña nunha visita ás instalacións.

A Asociación Rexurdir, xunto coas concellarías de Mocidade e Igualdade de Moaña, realizarán un curso de Iniciación á Informática. Nel daranse coñecementos de Hardware, Software e Paquete office (introdución no manexo de Word, Excel, WinRar e Powerpoint), aplicacións de Google (fotos, Gmail, Drive, Calendar, YouTube, Traductor, Maps e a súa sincronización con móbiles e tablets), descargar, instalar e desinstalar aplicaciones o seguridade na nube, trucos para facer traballos de xestión básica, facturas eléctricas.

Tamén traballarase a configuración de navegadores (cookies, historial, favoritos, botón de inicio, navegar de incognito), daranse ferramentas para a búsqueda de emprego (portais de trabajo e Etts) e para accesos On-line (facienda, medico, Seguridade Social, SEPE, uso de Certificado Electrónico e DNI Electrónico, etc).

As clases serán os martes, mércores e xoves dende o 15 de febreiro ao 27 de abril de 16:00 a 20:00 horas. En total, 115 horas de formación na cMo Casa da Mocidade de Moaña para calquera persoa a partir de 16 anos. Rematarán o curso cunha acreditación da Xunta co temario impartido.

Os interesados en asistir terán que inscribirse a través do whatsaap 649 68 39 23 ou do enderezo electrónico mocidade@concellodemoana.org

E unha operación cofinanciada pola Unión Europea co Programa Operativo FSE Galicia que pretende Promover a igualdade, a saúde e a inclusión socia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *