aviso-corte-agua-ushuaia-rio-grande

As parroquias de Aldán e O Hío e os lugares de San Roque e Liméns quedarán sen abastecemento de auga durante a noite do mércores 22 de novembro a causa das obras de reparación dunha liña xeral de abastecemento. A compañía de auga de Cangas estima que o servizo volverá á normalidade a partires das 8.00 horas do xoves 23. Os servizos de detección de fugas descubriron a avaría na tubería principal que segue o percorrido do Camiño Vello de San Roque que, aínda que permite manter a subministración provisionalmente, é preciso proceder a súa reparación.

Tanto a perda de abastecemento como a súa recuperación terán un diferencial horario en función da distancia ao punto do corte como da altitude, polo efecto da presión da auga na rede de tubaxes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *