O concelleiro Manuel Santos, a edil Marián Sanmartín e a alcaldesa María Ramallo nun pleno.

Presentáronse dúas alegacións en materia de persoal, das que se votará no Pleno a proposta de desestimación. As Contas Públicas para o 2025 ascenderán a 17.870.974 euros, sendo as máis elevadas da historia de Marín

O Concello de Marín vén de convocar un Pleno Extraordinario para este venres no que poder tratar a aprobación defi nitiva do Orzamento Municipal para o 2025, pasados xa os días de exposición pública.

Durante este período, o borrador de Orzamento, que ascende a 17.870.974 euros, recibiu dúas alegacións, unha por parte do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia e outra pola Central Sindical Independiente y de Funcionarios. Ambas son relativas a cuestións de Persoal, centradas en materia de complementos de produtividade e de posibles modifi cacións na RPT (Relación de Postos de Traballo).

Tras emitir os correspondentes informes técnicos municipais, levarase ao Pleno a proposta de desestimación de ambas alegacións xa que non entran en ningún dos tres supostos que existen legalmente para presentar reclamacións a un Orzamento municipal, que son: que o Orzamento non se tramitase de forma correcta, que se omita crédito para poder cumprir coas obrigas que se lle esixen a unha entidade local para sacar adiante as súas contas ou que non se recollan os ingresos sufi cientes para cubrir os gastos que se orzamentan no documento proposto.

Unha vez se vote a desestimación das alegacións, quedará aprobado defi nitivamente o Orzamento, cuxa contía é un 9,36% superior á do exercicio anterior. O incremento de tres contratos claves na prestación de servizos públicos esenciais é o gran motivo tras a suba. O Servizo de Axuda no Fogar, o contrato de xestión da Piscina Municipal e a previsón de aumento do contrato de Xestión dos Residuos Sólidos Urbanos, que aumentan as partidas destinadas a estos fi ns.

En canto aos gastos, as partidas repártense da seguinte maneira en función do concepto:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *