O Concello de Moaña emite un bando informando os propietarios das aves de curral no municipio da orde de confinamento destes animais, entre outras restricións, para evitar a gripe aviaria
Parece o título dunha comedia pero é realidade e mirando cara ao noso pasado máis próximo, lonxe de que se trata dunha cuestión sanitaria e, por tanto, require de seriedade, a situación dá lugar ao típico chascarrillo do utilizar ó can para poder abandoar o peche durante varias veces ao día. O tema é que as aves domésticas de 19 concellos da provincia de Pontevedra terán que confinarse fronte á gripe aviaria, entre eles as de Moaña e Marín.
A Xunta elevou este mércores as medidas contra o serotipo H5 N1 para frear a súa expansión e evitar un hipotético contaxio a humanos que non chegou a producirse. Deste xeito, a fin de evitar o contacto entre aves domésticas e paxaros migratorios que poderían traer o virus doutras zonas de Europa, a Consellería do Medio Rural decidiu prohibir a cría deste tipo de animais ao aire libre desde este mércores en 34 municipios galegos, 19 na provincia de Pontevedra.
Por este motivo, o Concello de Moaña (o de Marín farao nestes días) acaba de emitir un bando no que se informa aos propietarios no municipio de necesidade de recluír a estes animais en instalacións pechadas a cuberto. Se isto non fora posible por non dispoñer destas instalacións, poderíanse manter as aves no exterior sempre que existan teas paxareiras ou calquera outro dispositivo que impida o acceso de aves silvestres e sempre que se alimente e subministre auga ás aves domésticas no interior das instalacións ou cubertos que impidan o contacto das aves silvestres coa auga ou alimento destinados ás aves domésticas.
Queda prohibido, reza en el bando, o uso de reclamos de caza con aves do tipo anátidas (parrulos ou similares) e charadriiformes (gaivotas e similares), a cría de parrulos, ocas e gansos xunto con outras especies de aves de curral, darlles ás aves de curral auga procedente de depósitos superficiais, fontes ou outras orixes ás que puideran ter accedido aves silvestres, ao non ser que a auga sufrira un tratamento de hixienización que garantira a inactivación de posibles virus da influenza aviaria.
Así, os depósitos de auga de subministro para as aves domésticas, que puidera haber no exterior, deberán ser protexidos para impedir que poidan acceder as aves silvestres ou as súas dexeccións.
Non poderá haber concentracións de aves de calquera tipo, comerciais ou non (exhibicións, concursos…), tanto de aves de curral como doutras aves distintas a estas (p. ex. aves ornamentais ou similares). É obrigatoria a inscrición dos currais familiares de autoconsumo no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas da Consellería do Medio Rural.
Así mesmo, no comunicado á cidadanía da Alcaldía recoméndase as persoas relacionadas con granxas avícolas comerciais que posúan tamén unha explotación avícola de tipo curral familiar, deben evitar ter contacto con aves dunha e outra explotación sen previamente tomar as axeitadas medidas de bioseguridade (lavado de roupa, lavado de mans…), especialmente se as aves do galiñeiro familiar teñen posibilidade de contactar con aves silvestres.
As persoas titulares ou traballadoras en explotacións ou titulares de currais
familiares de calquera tipo, se realizen actividade cinexética de caza menor de aves, deben manter as adecuadas prácticas de bioseguridade unha vez finalizada a actividade cinexética, procurando no entrar en contacto coas aves domésticas da súa propiedade.
Dadas as características desta enfermidade, cunha alta difusibilidade entre as aves e as graves repercusións económicas que a súa presenza poden causar ao sector avícola, é moi importante a detección precoz dunha sospeita desta enfermidade polo que calquera sospeita de influenza aviaria debe ser comunicada de inmediato aos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural, directamente ou, de existir, a través do veterinario da explotación. Igualmente no caso de sospeita en aves silvestres.
Por último, traslada a rexidora para tranquilizar aos cidadans, o serotipo do virus IAAP circulante actualmente é o H5N1, cunha elevada mortalidade entre as aves, pero sen evidencias de transmisibilidade ás persoas.