O Sergas informa de que hoxe hai cinco casos menos que onte. En total, 78 positivos
Segundo informou hoxe o Sergas ao Concello de Cangas, o municipio baixou de onte a hoxe en cinco casos. Neste momento contabilízanse 78 positivos fronte aos 83 de onte aínda que iso non evita que o municipio entre ás 00:00 de mañá en nivel alto.