A Ruta de Montes e Praias, a Ruta dos Cinco Miradoiros e o Vial de Praias. Eses son os tres sendeiros azuis que a Adeac otorgou de novo a Marín. Esta mañá, a alcaldesa María Ramallo e as concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña colocaron as bandeiras identificativas no inicio do Vial de Praias, en Portocelo.
De novo, revalidamos estes importantes distintivos que demostran a calidade dos nosos roteiros, a importancia medio ambiental do seu coidado e o compromiso constante do Concello no seu mantemento, para que así poidan ser desfrutados e aproveitados tanto pola nosa veciñanza como polos visitantes que se achegan á nosa vila para coñecela.