Vehículos de Protección Civil de Marín.

Será esta fin de semana e a seguinte, cun total de 32 horas, e contará cunha proba final. Coa formación superada, as persoas poderán integrarse en calquera Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Galicia

O Concello de Marín acollerá esta fin de semana e a seguinte na Aula CeMit da Biblioteca Pública Vidal Pazos un curso básico de protección civil, a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Os destinatarios son persoal candidato ao ingreso nas agrupacións de voluntarios de protección civil de Galicia e ten como obxectivo a adquisición da formación básica necesaria para o exercicio das funcións de protección civil.

O contido está dividido en varios módulos, que abranguen módulos nos que se tratarán temáticas relacionadas cos riscos, os accidentes e a autoprotección, a loita contra incendios, política de comunicación, actuacións básicas ante emerxencias médicas e igualdade de oportunidades.

Este curso desenvolverase nun total de 32 horas (22h de teoría e 10h de práctica) e ao finalizar a actividade entregarase un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada e superen a proba final, podendo integrarse como voluntarios nunha Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Esta formación dáse grazas á colaboración e organización conxunta do Concello e a Xunta de Galicia e desde o Goberno municipal inciden na importancia da súa execución, “xa que é preciso seguir formando a voluntarios que despois nutren un servizo tan importante para a cidadanía como son as unidades de Protección Civil”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *