O salón de plenos de Moaña quedou pequeno para acoller ao centear de personas que asistiron á charla que a plataforma Eólicos no Morrazo Non deu esta tarde no Concello. Presidentes das comunidades de montes, asociacións vecinais e particulares, ademáis de dirixentes do BNG da comarca, acuderon á convocatoria para escoitar os argumentos contra a instalación dun parque eólico nos montes de Bueu, Marín e Moaña.
Consideran que non é viable «nunha área tan densamente poblada como o Morrazo instalar un parque deste calibre sen causar un enorme impacto paisaxístico, medioambiental, económico e tamén sobre a calidade de vida dos veciñ@s».
Nas explicacións afirmaron que o proxecto suporá desmontes e cortes no terreo para construcción das pistas de acceso aos molinos que poden alcanzar os 200 metros de altura. Tambén, o ruido e o efecto sombra que disminuirá a calidade de vida dos habitantes da comarca, o valor das propiedades diminuirá sensiblemente até unun 30 por cento «xa que ninguén quererá vivir ou mercar unha casa á sombra dos eólicos». Por último, aseguran que o turismo tamén ser verá afectado pola perda da beleza paisaxistica e a fauna e a flora sufrirán consecuencias porque «estamos a falar de consturir básicamente unha liña de autoestradas que una os cumios do Morrazo».