Presentación do proxecto na nave do club.

A S.D Tirán Pereira e a Fundación “la Caixa”, en colaboración con CaixaBank, fomentarán a práctica inclusiva do remo entre diferentes colectivos sociais da comarca do Morrazo. Estas entidades porán en marcha o proxecto “Embarca na aventura de vivir”, co que se pretende ofrecer, unha experiencia similar á de navegar nunha traiña, unha proposta de ócio inclusivo e saudable para colectivos vulnerables, persoas maiores, e personas con necesidades especiais.

Presentaron o proxecto, José Manuel Lobera, presidente da S.D.Tirán_Pereira, Juan Riobó, director de CaixaBank en Moaña e Leticia Santos, en representación do Concello de Moaña, quen apoia a xestión e coordinación desta actividade.

A entidade colaborará, en primeiro lugar, na construcción dun bote escola que permitirá levar a cabo unha parte moi singular desta experiencia como é sair ao mar. Este bote terá as características , en canto a medidas, aproximadamente entre unha traineriña e unha traiña, sete metros de eslora e case dous de manga.

Esta primeira campaña, cunha duración temporal seis meses, comezaría a partir do remate da próxima tempada de Bateis. Ao seu remate, pasarán polas instalacións da S.D. Tirán Pereira un total de 200 persoas, dos colectivos indicados.

O taller, cunha hora aproximada de duración, consta dunha primeira parte de presentación, na que falarase da orixe e historia das competicións de traiñeiras, dos seus elementos e características, normativa e técnica e rematarase cunha parte práctica nas augas da Ría de Vigo, que se levará a cabo no bote escola.

O representante de CaixaBank, Juan Riobo, saudou o inicio da colaboración coa S.D. Tirán. “Somos coñecedores tanto deste deporte, xa que CaixBank é un dos patrocinadores da liga de traineras, como do club”. “Supón unha satisfacción traballar coa directiva do Tirán nesta nova proposta que permitirá achegar este deporte tan noso a colectivos que non acostuman ter acceso a el”, engadiu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *