As concelleiras presentando os Seráns no Multiusos.

O Multiusos da Praza de Abastos acollerá os sábados 25 de febreiro, 11 e 25 de marzo, a partir das 19.30 horas, obradoiros de manualidades, coiro, elaboración de xabóns, circo, papel maché e cerámica para mozos e mozas que queiran pasalo ben e aprender unha nova disciplina artística

A mocidade de Marín xa ten plan para as fins de semana que veñen despois do Entroido. As concelleiras de Festas e de Cultura, Marián Sanmartín e Beatriz Rodríguez, presentaron esta mañá o programa “Seráns no Multiusos”, unha proposta de ocio e de cultura coa que os mozos e mozas de Marín poderán pasalo ben nas veladas de febreiro e marzo, á par que aprenden unha nova disciplina artística.

Os sábados 25 de febreiro, 11 e 25 de marzo no Multiusos da Praza de Abastos, a partir das 19.30 horas, ofreceranse obradoiros para desfrutar e para os que non é preciso facer reserva nin ter coñecementos previos. Son os seguintes:


● Manualidades, con Ana Meira
● Coiro, con Alberto Pereira Pou
● Xabóns, con Vanesa Berride
● Circo, con Laura Naveira
● Papel maché, con Xurxo Briones
● Cerámica, con Berta Pazos

A maiores, haberá unha serie de actividades paralelas que se poderán desfrutar a partir das 18.30 horas. O sábado, 25 de febreiro, haberá pintura en directo con Patricia Otero e Inés Pampín, e o sábado, 11 de marzo, o artista Ricardo P. Piñeiro fará unha tira de cómic.

O último día, sábado 25 de marzo, haberá recital poético a cargo de Richard Pazos e o colectivo Metalírica e a partir das 21.30 horas, cerrarase o programa co concerto de Frida Foxes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *