Organización e membros do goberno local na presentación do Festival.


Dende a Concellaría de Mocidade e e os IES AS Barxas, Paralaia e María Soliño, presentan o Festival AI Mo.S.A.. Será o sábado 18 de xuño ás 22:15 no Palco da Música de Moaña, nas inmediacións da Praza de Abastos. En caso de chuvia trasladaríanlo á parte alta da Praza de Abastos. Consideran que despois da primeira experiencia do ano pasado na que o festival foi elexido dentro das trinta e catro mellores experiencias docentes de España e Iberoamérica na SIMO EDUCACION de Madrid, este ano teñen que volver á carga «con mais ganas que nunca para amosar este traballo da rapazada de Moaña e do Morrazo»

Dende a organización aseguran que e un festival de curtas que mostra o que se fai nas aulas do Morrazo , un cine de aula que aborda a temática que inquieta ao alumnado, este ano o tema a traballar foi a “Intolerancia “, intolerancia cos intolerantes , racistas , homófonos ..etc

Neste proxecto participan o tres centros: IES AS BARXAS, MARIA SOLIÑO E PARALAIA, cos profesores Curro Zea, Carmen González, Alicia Pérez e Luz Beloso .

Trátase dunha mostra de 29 curtas , entre as que se atopan, entrevistas a Afamo , as avoas do Morrazo, trabállase a saúde mental, as masculinidades tóxicas, o bullying ,a defensa das artes no ensino, os estereótipos , o racismo , a diversidade, mais dunha hora de curtas que foi foi complicado seleccionar en cada centro, solo nas Barxas a produción superou este ano as 30 curtas.

Foron elaborados polo alumnado de todos os niveis educativos de 1º da ESO e 2º de Bachelerato.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí