A formación impartirase na casa de cultura de Riomaior e a primeira xuntanza será o vindeiro día 25 ás 10 da mañán

O programa formativo Galegas Dixitais chega a Vilabo para animar ás mulleres do municipio a acercarse ás competencias básicas, avanzadas ou emprendedoras. Estas son as tres vertentes duns curso que rematan con premio: o agasallo dun ordenador portátil.

Esta iniciativa está dirixida a mulleres desempregadas de municipios rurais co obxectivo de formalas a través dun programa de 120 horas de aprendizaxe presencial ademáis doutras cinco horas de ensino en igualdade. Ao finalizar, as participantes reciben un título oficial. O único requisito para as participantes é estar inscrita como demandante de emprego ou solicitando unha mellora de emprego.

A actividade é gratuita e ten un aliciente a maiores, todas as alumnas reciben sen coste algún un equipo de catorce pulgadas Primux. Carmen Gallego, concelleira de Promoción Económica e de Igualdade e organizadora desta actividade en Vilaboa, asegura que o agasallo é un incentivo máis para familiarizar ás mulleres do rural co manexo das novas tecnoloxías.

As competencias dixitais convertironse nunha necesidade do día a día tanto no ámbito persoal como no profesional. De feito, nestes cursos préstase especial atención ao emprendemento.

A primeira reunión organizativa terá lugar o vindeiro 25 de outubro na casa da cultura de Riomaior ás 10 da mañán e o día 31 arrancará o curso, que se desenvolverá ata o 15 de decembro en horario de 9 a 14 horas. E antes, é necesario inscribirse contactando por whatsapp co número 60403957. E Carmen Gallego recomenda facelo “non é necesario ter coñecementos previos para aproveitar esta oportunidade que vai permitir ás mulleres de Vilaboa mellorar a súa autonomía dixital en tres niveis diferentes sen desprazamentos fóra do municipio”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *